Imperio de Etiopía

Coordenadas: 9°02′N 38°44′L / 9.033, -38.733

መንግሥተ፡ኢትዮጵያ (en amhárico)
Mängəstä Ityop'p'ya

Imperio de Etiopía

 

12701975
 

BandeiraEscudo
Lema: ኢትዮጵያ ታበፅዕ እደዊሃ ሃበ አግዚአብሐር
Ityopia tabetsih edewiha habe Igziabiher
Etiopía tenderá as mans a Deus (Salmo 68:32)
Himno: ኢትዮጵያ ሆይ Ityopp'ya Hoy
O imperio Etíope en 1750 (en laranxa), e conquistas do emperador Menelik II a finais do século XIX (en amarelo)
CapitalAddis Abeba, outras: Gondar, Amba Mariam, Lalibela, Addis Alem
Linguage'ez (oficial); amhárico, tigriño, oromo, somalí (faladas)
RelixiónIgrexa Ortodoxa etíope
GobernoMonarquía absoluta
Emperador de Etiopía
Negus Neghesti
 • 1270Yekuno Amlak (primeiro)
 • 1930 - 1974Haile Selassie (derradeiro)
Historia
 • Establecido1270
 • Ascenso da dinastía salomónica1270
 • Ocupación italiana1936
 • Liberación1941
 • Golpe de estado12 de marzo de 1975
Moedabloques de sal
tálero de María Teresa (desde o século XVIII ao XIX)
tálero de Melenik (introducido en 1894)
lira italiana (1936-1942)
birr (desde 1945)

O imperio de Etiopía (en amhárico መንግሥተ፡ኢትዮጵያ, Mängəstä Ityop'p'ya), coñecido tamén como Abisinia, foi un imperio africano fundado contra 1270, cando Yekuno Amlak derrocou o último rei da dinastía Zagwe Yetbarak, dando orixe á dinastía Salomónica, así chamada debido á súa suposta descendencia do rei Salomón.

Yekuno Amlak asumiu o título de negus neghesti (ንጉሠ ነገሥት), é dicir, "rei de reis".

Naquela época o imperio comprendía o territorio hoxe coñecido como Etiopía e algunhas parte do sur de Eritrea, pero no momento do seu máximo esplendor, tamén incluía o norte de Somalia, Djibuti, o sur de Exipto, o Sudán oriental, o Iemen e o occidente da Arabia Saudita.

O imperio tivo unha duración de case 750 anos, desde o derrocamento da dinastía Zagwe en 1270 até a abolición da monarquía en 1975.

Considérase como o descendente directo do reino de Aksum, existente desde o século IV antes de Cristo, razón pola cal foi considerado por algúns como o Estado máis antigo do mundo.

O impero subsistiu até 1974, cando a monarquía foi derrocada por un golpe de Estado.

Foi a única nación africana (xunto con Liberia) que resistiu con éxito a repartición de África levada a cabo polas potencias coloniais durante o século XIX.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adekumobi, Saheed A. (2007): The History of Ethiopia. Westport: Greenwood Publishing Group. ISBN 0-3133.2273-2.
  • Shillington, Kevin (2004): Encyclopedia of African History, Vol. 1. Londres: Routledge. ISBN 1-5795-8245-1.
  • Pankhurst, Richard (2001): The Ethiopians: A History. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-6312-2493-9.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Dieser Artikel basiert auf dem Artikel Imperio de Etiopía aus der freien Enzyklopädie Wikipedia und steht unter der Doppellizenz GNU-Lizenz für freie Dokumentation und Creative Commons CC-BY-SA 3.0 Unported (Kurzfassung). In der Wikipedia ist eine Liste der Autoren verfügbar.